Os nosos aforros
Ademais de consumidores/as somos tamén aforradores/as e consumidores/as de produtos bancarios. Sabemos que fan os nosos bancos co noso diñeiro?, donde o invirten? , a quen prestan?, que inversións empresariais realizan?.
Podemos cambiar o destino dos nosos aforros e decidir a donde se dirixe o noso diñeiro?
Banca Ética
Existen xa institucións, ONG e grupos de usuarios bancarios que se preocuparon e trataron de dar resposta a esta situación, podemos tamén elixir bancos que nos digan donde vai ser invertido o noso diñero, invertir en fondos de inversión que nos aseguren que as empresas ás que se dirixen cumpren cuns criterios éticos, ou invertir os nosos aforros en proxectos solidarios ou medioambientais que merezan a pena a través de novos intermediarios financieiros.
- Préstamos Solidarios
- Fondos de Inversión Éticos e Solidarios (casi todo os grandes bancos contan con algún...)
- Grupos de crédito
Os Bancos Éticos
- Captan aforro como outros bancos.
- Ofrecen ganancias nos seus produtos bancarios.
- Ofrecen créditos a proxectos de economía social (empresas de reinserción, cooperativas, tendas de comercio xusto...), medioambientais (explotacións agroecoloxicas, de produción de enerxías renovables).
- Reinvierten os seus beneficios en proxectos solidarios.
En España contamos desde fai poco co Banco Holandés de Triodos Bank, recén instalado e cunha sucursal da Banca Popolare Etica italiana.
Ademais outros grupos como o GAP, que canalizan aforro hacia proxectos interesantes sociais ou medioambientalmente falando.
Ligazóns
http://www.bancaetica.com/Default.ep3

